quinta-feira, maio 17, 2007

17 de maio. (día das letras galegas)

Porque hoxe teño que llo adicar a miña lingua,unha das mais bonita que existe e que cada vez está máis esquecida.
Hoxe toca homenaxeala,e intentar utilizala un pouco máis,porque é parte da nosa identidade.
Para min non hai mellor maneira de facelo que deixando o meu poema favorito,quizais un dos máis melancólicos da gran Rosalía de Castro e un emblema da nosa cultura:Negra Sombra.
E tamén a preciosa versión que fixeron Luz Casal e Carlos Nuñez, non sei a vos,pero a min ponme a pel de galiña.


Cando penso que te fuches,
negra sombra que me asombras,
ó pé dos meus cabezales
tornas facéndome mofa.

Cando maxino que es ida,
no mesmo sol te me amostras,
i eres a estrela que brila,
i eres o vento que zoa.

Si cantan, es ti que cantas,
si choran, es ti que choras,
i es o marmurio do río
i es a noite i es a aurora.

En todo estás e ti es todo,
pra min i en min mesma moras,
nin me abandonarás nunca,
sombra que sempre me asombras.








powered by ODEO

Etiquetas: